O Hotel Carlos 96 atópase situado na preciosa localidade de Melide, na comarca de Terra de Melide, no centro de Galicia e en pleno Camiño de Santiago.
Situado no centro da localidade, xunto a todos os comercios e servizos, como farmacia, centro sanitario, gasolineira, estación de autobuses e taxis, é o lugar ideal para o descanso pola tranquilidade da zona, con parques, zonas arboradas, instalacións deportivas e mesmo balneario.
A media hora de Santiago e Lugo, a 45 minutos da Coruña e con fácil acceso ás Rias Baixas, o hotel é o emprazamento ideal para o turismo. |
Goce do inmellorable ambiente que lle ofrece o noso hotel, dirixido e rexentado polo matrimonio Eduardo Castro e Vitoria Casal, coa axuda dos seus fillos Luís e Victor, que pon ao seu servizo as súas completas instalacións que inclúen un amplo restaurante con capacidade para a celebración de convencións, reunións ou actos sociais.
O trato será moi familiar polo que en todo momento sentirá como na súa propia casa.

|